logo paquebote
34 libros encontrados buscando autor: Francisco Fernandez Del Riego

www.paquebote.com > Francisco Fernandez Del Riego

Orden: · Ver: · Tipo:



ISBN:

9788411102940

Galicia

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión.
«Galicia» sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Álvaro Cunqueiro ou de Xosé María Castroviejo, pero non esquece a memoria dos antigos viaxeiros ilustrados que nos visitaron (Borrow, Ford) e que deixaron por escrito as experiencias do seu camiñar pola nosa terra.
«Foi o mestre Otero Pedrayo quen me abriu de par en par as portas do mundo xeográfico deste país noso. Quen me presentou primeiro a descrición física e humana, a realidade monumental, as notas do proceso histórico. Despois, os variados itinerarios que para coñecer Galicia na súa esencialidade cumpría percorrer. Otero Pedrayo, que era un animador inmenso, desenvolvéndose en múltiples campos da cultura, foi quen espertou en min o afán por coñecer Galicia toda como viaxeiro, como camiñante.» Francisco Fernández del Riego.



VIGO SENTIMENTAL.

Precio: 40,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Idioma publicación: Galego. Apuntes históricos: Javier Mosquera Ilustraciones: Álex Vázquez-Palacios. Encuadernación en cartoné, 171 páginas, ilustraciones, dibujos a una tinta, 25x35 cm. Edit. Caixanova, 2001
De la mano de Francisco Fernández del Riego, Vigo sentimental es un paseo íntimo por la ciudad que lo acogió y en la que desarrolló la mayor parte de su vida, con una proyección y entrega que se extiende a toda Galicia. Profundo conocedor de la tierra gallega en su conjunto y con detalle, Fernández del Riego realiza este evocador recorrido centrándose en los lugares de mayor significación vital y emocional. De este modo nos va descubriendo un Vigo con dos caras, el recogido y el pujante, acompañando el relato con notas históricas de Javier Mosquera y apuntes de Álex V. Palacios como complemento visual.Vigo sentimental es el primer volumen de una serie de seis títulos de las mismas características, un recorrido afectivo de este egregio intelectual gallegista por las ciudades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo y algunas poblaciones de Galicia.


OURENSE SENTIMENTAL.

Precio: 40,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Idioma publicación: Galego. Apuntes históricos: Javier Mosquera Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios. Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25x35 cm. Edit. Caixanova, 2001. A Coruña, 2001.
Ourense sentimental é un paseo íntimo de Francisco Fernández del Riego pola cidade que con xusta fama foi bautizada como a Atenas de Galicia, a Wurm germánica, a Auria romana que irradiaba a súa face cultural por todo o país galego. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.Este é o segundo volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.


PONTEVEDRA SENTIMENTAL.

Precio: 40,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Idioma publicación: Galego. Apuntes históricos: Javier Mosquera Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios. Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25x35 cm. Edit. Caixanova, 2001. A Coruña, 2002.
Fernández del Riego convídanos a descubrir a amable cidade de Pontevedra, compartindo as súas vivencias na vila do Teucro. Solar de fidalgos e mareantes, íntima e cosmopolita, as súas rúas algareiras e as súas prazas convidan ao encontro acougado e constitúen unha sinfonía en pedra moldeada con delicadeza polos canteiros. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.Pontevedra sentimental é o terceiro volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.


A CORUÑA SENTIMENTAL.

Precio: 40,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Idioma publicación: Galego. Apuntes históricos: Javier Mosquera Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios. Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25x35 cm. Edit. Caixanova, 2001. A Coruña, 2003.
O faro romano da torre de Hércules identifica desde a súa penedosa altura a cidade da Coruña, pola que Fernández del Riego realiza un percorrido intimista nas páxinas deste volume. Unha visión impresionista da cidade atlántica, de pedra, cristal e luz. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.Cuarto volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.


GALICIA SENTIMENTAL.

Precio: 40,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Idioma publicación: Galego. Encadernación en tapa dura, 175 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cmApuntes históricos: Javier Mosquera Ilustracións: Álex Vázquez. Edita Palacios Caixanova, 2001 - 2004.
Percorrido íntimo de Francisco Fernández del Riego por cidades e poboacións representativas, importantes núcleos histórico-artísticos da xeografía galega: Santiago, Betanzos, Ferrol, Noia, Pontedeume, Monforte, Mondoñedo, Palas de Rei, Viveiro, Allariz, Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Baiona, Cambados, Tui. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.Sexto e último volume da serie sentimental, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas poboacións de Galicia.



<<<anteriores  [21-30]  [31-34]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal